VIGILIA DE LA INMACULADA
Con María, Nai Inmaculada, Virxe Peregrina, achegámonos nesta noite á casa do señor Santiago.
Ao chegar como invitados á túa casa, queremos ser agradecidos contigo, por iso preguntabámonos que podemos ofrecer. Creemos que o mellor é o de cada día o noso traballo e estudio que queremos simbolizar nestes libros, a nosa alegría expresada nesta guitarra e estes cd ´ s. A través da túa intercesión sabemos que Xesús, o Señor os acepta e o Señor nos bendice.
Sentímonos, hoxe, depositarios dunha tradición que se foi forxando a través dos camiños de Europa, unha tradición que transcende os séculos e que chega ata nós. Talvez esta sexa unha realidade que non somos capaces de comprender con toda a súa forza, pero non é menos verdade que nesta ti casa respírase un algo especial ¿será a historia da que nos falan estas pedras? ¿serán as oracións de tantos peregrinos que pasaron por esta basílica gabando e pregando a Deus?, ¿será a presenza de Cristo, vivo e presente, ao que ti nos invitas a seguir? ¡fálanos Apóstolo, amigo, do teu encontro con Xesús!
¡Santiago, amigo! Ao igual que nós tí tamén, fuches unha persoa inqueda, cargado de ilusión seguiches ao Señor, es compañeiro intimo e testemuña predilecta como nos relatan os evanxeos no acontecemento da Transfiguración. Ás veces, tamén como eu, te deixas levar excesivamente dos sentimentos e acabas pedindo que baixe lume do ceo sobre aquela aldea de Samaria. O cansazo, a congoxa, o medo véncenche e non es capaz de velar con Cristo na súa noite de agonía. Pero ao final Xesús, coa súa resurrección, gáñache como Apóstolo de esperanza. Vémonos reflectidos en ti, cargados de ilusións, pero tamén débiles ¿como unir todos estes afáns: a inquietude, a ilusión, por momentos o cansazo e o medo, para ser persoas sementadoras de esperanza como ti?
Gustaríanos aínda facerche unha última pregunta. Sorprende a túa resposta á pregunta que Xesús vos fai ao teu irmán Xoan e a ti "¿ Sodes capaces de beber o cáliz que eu hei de beber "? e cunha soa voz dicides “sómolo". Nun mundo tan cambiante, onde a ciencia, a técnica e mesmo as ideas non parece que vaian ser definitivas ¿como é posible dar unha resposta definitiva, para toda a vida? ¿Pódeselle dicir a alguén "che seguirei" "estarei contigo" para sempre? ¿como dicirlle a Cristo, coma ti, "podemos", conta connosco? ¡ gustaríanos pero... ¡
Volvemos ao final a nosa mirada á Virxe, dísenos que é modelo de apóstolo, porque segue o Señor dende o principio. Pero encántanos sobre todo a súa sinxeleza e humildade, hoxe pedimos que coma Ela esteamos atentos á Palabra de Deus e saiamos de nós mesmos para seguir a Cristo.